![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
Viveiro Turismo
Vive Viveiro
![](https://static.wixstatic.com/media/ce8cf9_8a044ca6a4624a4da0e2a79c6c04c76a.png/v1/fill/w_477,h_396,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/ce8cf9_8a044ca6a4624a4da0e2a79c6c04c76a.png)
Cidade do norte de Galicia; nela respírase tranquilidade e é un lugar fabuloso para pasear de día, coñecer as súas contornas naturais, o seu patrimonio e gozar de copas relaxadas durante a noite; a cidade perfecta para gozar dun turismo de calidade, cunha oferta de aloxamentos que garanten o descanso e o bo gusto.
Viveiro asegúralle ó turista e ó visitante que se come sempre ben, tanto nos recoñecidos restaurantes e casas rurais, coma nos numerosos mesóns, bares e ‘chiringuitos’ de praia que dispoñen de terrazas ó aire libre, onde se pode degustar un bo viño e unhas cañas de cervexa, acompañados de abundantes pinchos e xenerosas racións elaboradas cos mellores produtos do mar e da terra, a base de mariscos, peixes frescos, carnes e verduras dunha calidade extraordinaria.
Viveiro non é un destino para que o turista ou visitante veña con présas, pois perderíase todo o seu encanto e beleza. É unha cidade con máis de 900 anos de historia, cun casco urbano excepcional, onde o visitante poder perderse para descubrir algún monumentos artísticos tan interesantes como a Puerta de Carlos V, la Puerta "da Vila" ou a Puerta "do Valado"; tres das antigas que aínda se conservan das seis que tiña o recinto amurallado; as igrexas parroquiais de Santa María e Santiago-San Francisco, recollidas prazas e empinadas rúas gremiais como a Zapataría, Pilataría, Ferreiros, do Forno, Pescadería… Non menos interesante resulta a súa arquitectura popular na que destacan as casas con corredores, balconadas e galerías acristaladas que reflicten toda a súa fermosura no reflexo da ría.
Singulares son tamén as súas festas, romarías e multitudinarios eventos entre os que destacan a Semana Santa, declarada de interés turístico internacional, o Resurrectión Fest, a Rapa das Bestas, a Romaría do Naseiro e a Mostra Folclórica Internacional.
Ademais, a riqueza e variedade paisaxística, sorprende polas súas variadas vistas naturais da costa, do val, do río e da montaña, que fan as delicias de todos aqueles que están dispostos a gozar da natureza.
As brisas mariñas do Cantábrico sobre Viveiro son como un sopro de aire iodado, que limpa e carga as persoas e o medio ambiente. Ó viaxeiro e turista, que vén reseco do sol, parécelle estar soñando neste clima salitrado e fresco, mentres pasea descalzo pola praia, afundindo os pés na fina area que exerce un maxistral efecto balsámico e recuperador.
En fin, en Viveiro Vive todo un mundo de cores, sensacións, emocións e sabores que nos permiten recrearnos en todas e cada unha das múltiples posibilidades de ocio e diversión que nos ofrece esta cidade centenaria e cosmopolita.
![](https://static.wixstatic.com/media/ce8cf9_ce57ff409f44422f9170640d3fec9d7af000.jpg/v1/fill/w_971,h_546,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/ce8cf9_ce57ff409f44422f9170640d3fec9d7af000.jpg)
Top Viveiro
* Informamos que Souto Da Retorta permanecerá pechado por mantemento.
![Banner subvencion 2014.jpeg](https://static.wixstatic.com/media/ce8cf9_e0677fb899094a54a7f1337c5ba42224~mv2.jpeg/v1/fill/w_255,h_180,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/Banner%20subvencion%202014.jpeg)