top of page
Anchor 3

Vive  Gastronomía

Viveiro distínguese pola calidade dos seus establecementos turísticos  e, sobre todo dos seus restaurantes, mesóns e locais de tapeo. 

Viveiro é un municipio que tanto os visitantes, como os turistas escollen como un lugar ideal para gozar da gastronomía do Cantábrico, descansar e coñecer Mariña lucense, a Galicia Cantábrica.


A calidade dos produtos do noso mar e da nosa ría proporciónanlle ó viaxeiro a posibilidade de gozar dunha variedade de pratos nos máis de sesenta establecementos.

 

Viveiro distínguese pola cantidade e calidade de mariscos (nécoras, percebes, camaróns, ameixas, berberechos ou centola) e pescados (robaliza, peixe sapo, linguado, salmonete, parrochas, chicharro, sardiñas, bonito e pescada do pincho). Tamén son moi apreciados as luras, os chocos e o polbo que se capturan na nosa ría, ou as excelentes carnes de porco e tenreira, que acompañados de  verduras e hortalizas da nosa horta converten a Viveiro nun destino gastronómico de primiero nivel que aposta pola cociña tradicional pero tamén pola innovación dos tempos.

Suxerencias:

FIESTA-DE-LA-MERLUZA.jpg
NASEIRO.jpg

R. Gastronomía

Ruta polos establecementos de Viveiro.

Ruta polos máis dos 60 establecementos de Viveiro, nos que se poderá gozar da variedade gastronómica de Viveiro.

bottom of page